O Grupo Municipal da Marea de Vigo, alerta que de novo a concesionaria, unha vez pasado o concurso de acredores, pide cambios no contrato de concesión e compesacións económicas que suporán 1,6 millóns de euros cada ano entre 2016 e 2019 (6.4 millóns en total).
Para o voceiro do grupo cando a concesionaria ameazara con pedir a resolución do contrato en 2013, “que levaría consigo que se reintregraran as inversións feitas”, era un bo momento para “estudar en canto tempo se amortizarían estes importes xestionando directamente os tres aparcadoiros, abaratando mesmo os prezos para aumentar o número de usuarios tanto residentes como de rotación”.
Rubén Pérez pregúntase “se nalgún momento alguén pensou en que unha xestión pública permitiría abaratar o custo, crear máis ingresos e amortizar os 17 millóns que intervención calcula para executar o contrato e xestionar dende o público os tres aparcadoiros”. “O desastre da concesión, construción e xestión destes tres aparcadoiros públicos non pode significar que estemos en débeda permanente cunha concesión mal plantexada e artellada no seu día”.
Marea de Vigo entende que o importe das inversións feitas polo Grupo Puentes no seu día tería xa amortizacións feitas polos ingresos da xestión dos mesmos e que en ningún caso podería ser o 100% da inversión o que o Concello tivese que soportar no caso de executar o contrato e remunicipalizar os tres aparcadoiros.
Se a concesión do lote foi como argumenta a empresa e de facto asume o Concello un “fracaso económico” Marea de Vigo entende que “existirán responsabilidades políticas e de xestión ao ofertar prezos pouco competitivos que entre outras cousas significaron que das 277 prazas postas para residentes nin o 10% se cubriran ao ser o prezo sensiblemente maior que o de mercado”.
“Parece que a concesionaria ten agarrado polo pescozo ao Concello e pode en cada momento esixir cousas pola nefasta xestión da creación destes aparcadoiros feita no seu día polo goberno do PP de Corina Porro e sen propósito de emenda coa entrada no goberno en 2007 de Abel Caballero”.