É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másChega a #Reconquista
Os actos centrais da Reconquista 2016 terán lugar na fin de semana do 2 e 3 de abril. Para o sábado, 2, e o domingo, 3, a organización programa o habitual mercado, unha foliada infantil na Praza da Pedra, espazo infantil no Berbés, demostracións de artesanía con vinte oficios tradicionais, música e baile polas rúas da zona vella e, por suposto, a representación da saída das tropas e as escaramuzas coa veciñanza, e a representación da Reconquista da Vila de Vigo.
Durante os dous días haberá actividades musicais na sede da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e no “Espacio Mahou”, en Eduardo Chao, xunto a 15 grupos de música tradicional actuando polas rúas e prazas do casco histórico vigués.
Previamente, o xoves 17 de marzo está prevista a inauguración da mostra “Retallos da nosa Historia”, para o mércores 30 deste mes farase o ensaio xeral e ao día seguinte, o xoves 31, a “Reconquistiña”, con máis de 300 nenos e nenas participando nunha ruada polo Casco Vello.