Cultura

@CervexaNOS cumpre un ano tirando cervexa viguesa no Casco Vello

NosCervexeirosImaxes:vigoalminuto.com/Non veñen dos  Budweiser, Foster ou Guinness de toda a vida, e non son de Dublín, Oklahoma ou Baviera, son da Doblada ou Matamá e hai apenas tres anos crearon a Cervexa artesanal Nós, que ten a súa ‘planta de fabricación’ no alto de Puxeiros.

aniversário

Xulio e Raúl deixaron os seus traballos ‘fixos’ e adicáronse ao que lles gustaba: facer cervexa. Tiñan craro que querían adicarse a isto e elaborar cervexa artesanal… natural e feito con productos de distribuidores galegos.

Nós, que xa se vende en toda Galicia, en tendas, bares, restaurantes, tiña que ter unha ‘sede’-ademáis de matar a sede- en Vigo e deron o paso: abrir unha cervexería, “e si falamos de abrir en Vigo ¿cal é  o lugar máis  vigués…no que está a alma de Vigo…onde te sintes máis de aquí?…pois no Casco Vello”.

A cervexería Nós – na que a Raúl e Xulio somáronse Luna e Faneco- xa leva un ano de vida, que se cumpre estes días e na que os clientes, ademáis da cervexa Nós, poden pedir cervexas artesanais, “suaves, con corpo, con aromas, de cereixa…belgas, escocesas, asturianas, checas” e tapas xenuinas, cociñadas aquí, con productos galegos, que van ben coa cervexa.

También te puede interesar