Comarcas

O alcalde de Pontevedra baixa a bandeira de Europa do Concello en protesta polo trato aos #Refuxiados

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra/Foto:vigoalminuto.com
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra/Foto:vigoalminuto.com

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, baixou este este martes a bandeira da Unión Europea do mastro do Concello como xesto de protesta polo trato da UE aos refuxiados e polo acordo de pagar a Turquía para que os reteña no seu territorio.

O goberno local cualificou a actuación das autoridades europeas de “hipócrita, inxusta e insolidaria” ao pechar as portas de Europa a ducias de miles de persoas de xeito “inhuman e impresentábel”.
Fernández Lores criticou esta decisión e máis logo de que a UE participase en bombardeos sistemáticos en Oriente Medio que provocaron que os cidadáns dos países da zona iniciasen un “éxodo masivo” temendo pola súa vida.

Aínda que os outros grupos do Concello foran invitados a participar no acto, so acudiu o de Marea de Pontevedra. A voceira do PP cualificou o acto do alcalde de “acción partidista” e acusou a Fernández Lores de empregar de xeito partidista un edificio público para un tema que “non é de competencia municipal”, aínda que si defendeu que a presidenta da Comunidade de Madrid pendurase un cartaz da apoio a Leopoldo López na sede do Goberno madrileño.

O grupo de Ciudadanos sinalou que o acto do alcalde é “unha falla de respecto”, mentres que o voceiro socialista foi máis aló e logo de comentar que, deste xeito Fernández Lores representa a un nacionalismo “podre e eurófobo”, afirmou que o seu xesto é “tan estúpido como baixar a bandeira de Galicia cando o Concello estea en contra dalgunha medida aprobada pola Xunta ou o Parlamento galego”.

También te puede interesar