Vigo al minuto

Caballero reclama a titularidade do tramo urbano da AP-9 en Bos Aires e a eliminación da peaxe Vigo-Redondela

CaballeroO alcalde reclamará aos gobernos central e autonómico que a entrada desde a saída de Buenos Aires ata o centro da cidade sexa tramo urbano para o que habería que construír dúas glorietas para conformar unha nova ronda urbana.

Abel Caballero trasladará esta proposta coa convicción de esta actuación, que non será agresiva para o contorno, resolverá problemas de acceso ao Porto, mellorará a circulación por Sanjurjo Badía o que redunda en melloras para a economía e a industria de Vigo. Tal e como explicou, o goberno central é o responsable de sufragar esta circunvalación, como xa fixo no seu momento coa VG-20 ou a de Arquitecto Palacios.

También te puede interesar