A presidenta da Deputación, acompañada polo alcalde, presentou hoxe en Vigo a proxeción do filme colaborativo da iniciativa “Cinema e Muller”, que, segundo indicou Carmela Silva, e´unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística das mulleres a través de proxeccións, charlas e desta película, conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas, que se estrea este mércores, ás 8 e media da tarde no Auditorio Municipal do Concello.
Ademais da creación das curtas e do filme’Cinema e Muller’ inclúe un ciclo de charlas e proxeccións sobre mulleres, cine e feminismo. Editarase tamén un DVD cun folleto explicativo que se divulgará por mostras e festivais, ademais de ser remitido a institucións, colectivos, centros educativos, bibliotecas públicas e asociacións que o soliciten.
Xa se teñen celebrado sendas mostras de cine en Pontevedra (11 e 12 de marzo) e en Vigo (14 e 15 de marzo, no Auditorio do Concello), cun notable éxito de público, segundo subliñou a presidenta.
Este proxecto complétase cun ciclo de charlas, o 17 e o 18 de marzo, de 10 e media da mañá a 2 da tarde, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Cada sesión contará con tres charlas de especialistas e debate, para concluir coa proxección da película colaborativa.
O ciclo de charlas pecharase cunha festa de mulleres creadoras, con proxeccións e sesións de música e audiovisuais, o venres 18 de marzo ás 9 da noite, no entorno da Colexiata.