Cultura

@festivaldecans concede o ‘Premio Pedigree’ á productora Emma Lustres

Emma Lustres
Emma Lustres

A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Xa cunha longa traxectoria, ten colleitado grandes éxitos para as súas producións proporcionándolle unha gran visibilidade a numerosos profesionais galegos.

É o caso de filmes como El Desconocido de Dani de la Torre (Premios Goya a mellor montaxe e mellor son, con oito nominacións en total e que acaba de recibir 15 nominacións aos Mestre Mateo) e Celda 211 de Daniel Monzón (oito Premos Goya, entre eles o de mellor película e mellor actor para Luis Tosar). O festival quere recoñecer a súa sólida carreira e sobre todo o seu labor como impulsora dos creadores galegos, nomeadamente os novos realizadores.

Chelo Fortes e Manolo Cid
Chelo Fortes e Manolo Cid

Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata «Premio Pepe Puime», que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da «Casa do Cid», centro de apoio loxístico durante os días do evento, e a Xurxo Souto, incondicional de Cans que comparte ano tras ano o seu saber musical e popular con locais e foráneos, facendo un roteiro pola parroquia que o converteu xa nun máis da familia.

Xurxo Souto
Xurxo Souto

Todos eles recollerán o seu premio na «Noite das Homenaxes» que se celebrará o venres 20 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación no Torreiro da estrela de Emma Lustres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.