Vigo al minuto

A Plataforma polo Dereito ao Aborto pide ao Concello que non nomee ‘Vigués Distinguido’ a Red Madre

Acto de Vigueses Distinguidos (Archivo)/Foto:vigoalminuto.com
Acto de Vigueses Distinguidos (Archivo)/Foto:vigoalminuto.com

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto ven de pedir ao Concello de Vigo que non premie como ‘Vigués Distinguido’ a Red Madre xa que sinala que iso suporía unha “agresión” ás mulleres xa que, engade, é unha organización contraria ao aborto.

Nun comunicado a Plataforma indica que o recoñecemento sería un “paso atrás no recoñecemento aos dereitos das mulleres” e denuncia que Red Madre é unha asociación vencellada ao Foro Español de la Familia, de carácter ultraconservador que “atenta contra os dereitos das mulleres”.

También te puede interesar