Manuel Abeledo López, que fora presidente da Deputación de Pontevedra de 1995 a 2003, morreu este domingo aos 70 anos de idade.Membro do Partido Popular, Abeledo, nado en Lalín en 1945, tamén foi vicepresidente do PP provincial.
Segundo ven de anunciar o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, o Concello decretará un día de loito oficial este luns, día 21.