Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Comité de empresa de Povisa informa da presentación de varias denuncias pola “merma da calidade assitencial” aos doentes

Protesta de traballadores de Povisa (ARQUIVO)/Foto:vigoalminuto.com
Protesta de traballadores de Povisa (ARQUIVO)/Foto:vigoalminuto.com

Nun comunicado, o Comité de Empresa de Povisa informa que ven de presentar varias denuncias no Servicio de Inspección de Servicios Sanitarios, na Subdirección xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación da Consellería de Sanidade, e no EOXI de Vigo, deixando de manifesto a merma “da calidade asistencial sanitaria prestada polo Hospital Povisa á poboación protexida polo Servicio Galego de Saúde para a que é centro de referencia. “.

Na debandita denuncia se manifestaba o “incremento da carga laboral ao que están sometidos os traballadores de dito centro”, como consecuencia da modificación de funcións do persoal auxiliar e a desaparición da figura do celador, ademáis das “reducións de xornadas e penosas quendas, obtemos unha sobrecarga de traballo, non só no persoal auxiliar, senón tamén para o resto de categorías”.

Así mesmo, o Comité de empresa quere lembrar o incremento de usuarios, dende o pasado mes de decembro que “non se viu transformado nun incremento da plantilla pero sí afectou a carga de traballo do persoal”.

Estos feitos, indica o Comité, obxetivan a dificultade para ofrecer a igualdade de atención aos doentes que deriva o Servizo Galego de Saúde a Povisa, por “non dispor dos medios humáns necesarios para a correcta prestación do servizo, o que supón un incumprimento por parte do Hospital Povisa do acordo de xestión acadado co Servizo Galego de Saúde”.

O Comité de Empresa engade que, ata hoxe, non obtivo unha resposta satisfactoria por parte dos devanditos organismos, “o que nos fai preguntarnos pola causa de tan pouco interese dende estes por investigar os feitos aquí manifestados”.

También te puede interesar