Datos difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social indican que a principios deste mes, a pensión média dos xubilados galegos era de 861,68€. As prestacións por incapacidade permanente eran, de media, de 823,46€, as de viuvez de 538€, as de orfandade de algo menos de 368 € e a favor de familiares de 475€.
Os pensionistas galegos que máis cobran, sempre de media, son os que viven na provincia de Pontevedra, segundo os datos oficiais, percibirín algo máis de 920€ ao mes; os de A Coruña 915€, os lucenses 751€ e os ourensáns, 717.
Hai que lembrar que no conxunto do Estado a pensión media é de 900 € e que os 753.308 pensionistas galegos son dos que menos cobran, so os de Extremadura perciben unha cantidade menor.