O ano pasado fixéronse en Galicia un total de 181 transplantes de médula ósea, a maioría no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (59). Pola súa banda, en Santiago leváronse a cabo 45 operacións, seis delas en pacientes pediátricos; 44 en Vigo; 12 no Lucus Augusti; 12 en Ourense e 9 en Pontevedra.
Dende 1998 os hospitais do Servizo Galego de Saúde realizaron preto de 2.600 transplantes, algo que non podería levarse adiante sen o importante número de doazóns de médula ósea, que incrementaron nun 32% no último ano, pasando de 1250 a 1347.