É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Deputación convoca por primeira vez subvencións para loitar contra a violencia machista
Novas medidas sociais adoptadas pola Deputación de Pontevedra. Por un lado, porá en marcha a primeira convocatoria de subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolven proxectos, programas e actividades para impulsar que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva e fomentar medidas de protección integral contra a violencia machista durante o ano 2016. Contará cun presuposto total de 85.000 euros e a contía máxima que recibirá cada unha das entidades non poderá superar os 6.000 €.
Ademais, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a liña de axudas básicas de emerxencia para o ano 2016 por valor de 465.000 €, 100.000 € máis que no ano anterior. Esta liña de axudas teñen por obxectivo proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade das súas veciñas e veciños que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ó seu cargo.