Vigo al minuto

Vigueses, que non quede ningún!!!

recon6

Fotos: Vigoalminuto.com/ Entre chuvia, sol e vento os vigueses demostraron unha vez máis que teñen un carácter férreo e que son quen de prantarlle cara a calquera, incluso ao mesmísimo exército de Napoleón. Un ano máis, as rúas do Casco Vello acolleron a tradicional representación da Reconquista de Vigo, a batalla na que os vigueses demostraron o seu espíritu loitador e botaron da cidade aos soldados con azadóns, paus e calquera instrumentos dispoñible.

recon2

A recreación do contexto histórico trasladou á cidade de novo a 1809, ao momento do levantamento da cidade viguesa liderado por Cachamuíña, fronte ao exército de Chalot. Espacios como a Porta do Sol ou Gamboa cobraron vida para transformarse nos puntos clave da revolta popular, a batalla e a vitoria.

r01

O momento máis esperado da xornada foi o derribo da porta de Gamboa. O pobo vigués, á terceira intentona e ao berro de «Que non quede ningún!», foi capaz de facer recuar ao exército galo, que cruzou o arto do portón de A Laxe e fuxiu por mar para abandonar Vigo sen posibilidade de retorno. Nesta ocasión, o lugar de partida dos franceses pasou do Náutico ao porto, preto da zona de remolcadores.

recon3

A furia e rebeldía dun pobo oprimido e maltratado mesturouse co espíritu festivo e entrañable do ambiente da época. Máis de 250 postos de artesanía galega, gastronomía, bisutería… animaron a involucrarse con máis ganas nunha xornada que puxo punto e final a unha semana de celebracións.

recon4

Gañada a batalla e conseguido o obxectivo, os vigueses consiguen un ano máis tarde o título de Cidade Leal e Valerosa en recoñecemento ao seu importante papel na Guerra de Independencia. Un bo final para un día no que o público puido mollarse por dentro e por fóra.

recon5

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.