Vigo al minuto

Marea de Vigo pide que se rescate a concesión de Linorsa

linorsa01

Que se inicien os trámites para o rescate da concesión á empresa de limpeza Linorsa. O grupo municipal Marea de Vigo instou ao goberno municipal a que se retome a contrata ante o incumplimento do pliego de condicións por parte da empresa e ante a falta de solucións ás traballadoras, ás que se lles debe parte dos salarios.

As afectadas continúan coas súas medidas de protesta ante unha situación desesperada, polo que representantes de Marea xa se puxeron en contacto con entidades como a diputación ou a Universidade de León, onde xa se rescatou este servizo prestado tamén por Linorsa, para coñecer a súa experiencia.

O grupo municipal fará unha proposta que incluirá unhas directrices económicas para pedir a remunicipalización do servizo.

You may also like