Galicia

Unhas 1,8 toneladas de peixe e marisco requisados esta semana

decomiso01

O Servizo de Gardacostas de Galicia requisou esta semana máis de 1,8 toneladas de peixe e marisco, 349 aparellos de pesca e 3.600 metros de artes de enmalle en diferentes operativos.

A ría de Muros e Noia foi onde houbo un maior número de artigos comisados con máis de 1.175 quilos de peixe e marisco, especialmente xarda; dúas embarcacións; un viveiro e 100 metros de artes de enmalle.

O resto de operativos rematou con contías máis pequenas: na Coruña retiráronse 181 quilos de especies, case a metade ourizo, nove aparellos de pesca e mesmo unha furgoneta; na Costa da Morte comisaron 174 quilos de distintas especies, a maioría rape; en Ortigueira retiráronse 15 quilos de raia e 3.500 metros de artes de enmalle sen identificar; e en Arousa retiráronse 84 quilos de peixe e marisco, 65 deles de ameixa babosa de talla antirregulamentaria, e incautáronse 325 aparellos de pesca. A maiores, en Tui os inspectores de Gardacostas xunto cos da Garda Civil, fixéronse con 176 quilos de ameixa xapónica nun control por estrada por non estar debidamente documentada.

También te puede interesar