Carmen Santos buscará revitalizar a estrutura de partido de Podemos de cara as eleccións

carmensantos01

Contenta por uns resultados que demostran que hai “lazos que nos unen máis alá das ideas e rivalidades”, a nova secretaria xeral de Podemos Galicia Carmen Santos asegurou que o resultados das eleccións internas aúna todas as sensibilidades e da pé a “crear un modelo de partido híbrido” como buscaban, “matizando as pequenas eivas de xuventude e con melloras técnicas e de xestión”. “Estamos colaborando na reconstrucción de Podemos e no fortalecemento de cara as eleccións“, salientou.

Neste sentido, a nova secretaria xeral asegurou que agora debe “revitalizarse a estrutura de partido” e dar os primeiros pasos para debater coas bases do partido a posición de cara ás eleccións autonómicas e xerais. Santos explicou que a fórmula de partido instrumental para concurrir ás posibles eleccións estatais serviría para non quedar supeditados ao PSOE, aínda que para a cita autonómica aínda se debe reflexionar sobre o mecanismo máis axeitado.

carmensantos02
De esquerda a dereita, Marcelo Armendáriz, Carmen Santos, Celtia Traviesas e Juan Merlo.

Aínda que sen data para a celebración dunha nova asamblea, Santos asegurou que levará o debate sobre o papel de Podemos Galicia nas próximas citas coas urnas á reunión que os círculos municipais celebrarán este domingo en Ames.

Reconstrución dos órganos locais

Precisamente unha das cousas que máis urxe á nova directiva de Podemos Galicia é a reconstrucción destes órganos locais, que no caso de municipios como Vigo ou Ferrol están nestes intres sen actividade. Sen embargo, Santos asegurou que non se debe “focalizar todo o traballo en cuestións orgánicas, senón nas necesidades da cidadanía”. A nova directiva tratará as cuestións organizativas directamente con Pablo Echenique, que visitará a vindeira semana Galicia.

Santos continuará compatibilizando o seu traballo no Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo co seu novo cargo ao fronte de Podemos Galicia. “Xa teño unha bagaxe e xa hai unha estrutura bastante conformada, só hai que darlle continuidade e mellorala e é compatible”, salientou.

También te puede interesar