É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másXunta e Aemet traballarán xuntos para previr inundacións, temporais ou incendios
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) crearán un grupo de traballo mixto para dispoñer duns servizos meteorolóxicos e climáticos seguros e de máxima calidade, non só para ofrecer aos cidadáns unha predición meteorolóxica fiable, senón para prever e diagnosticar circunstancias que teñen consecuencias directas sobre os bens, as persoas e a contorna, a corto e medio prazo.
Nese sentido, Xunta e Aemet buscan acadar unha coordinación real e efectiva para o que é imprescindible coñecer como e cal é a contorna, co fin de poder anticiparse a posibles circunstancias adversas e poder protexer e conservar mellor o medio ambiente. Por exemplo, para ofrecer datos necesarios para previr episodios de inundacións, temporais, grandes nevadas ou incendios forestais.
Con esta colaboración tamén se axudará a coñecer con precisión a calidade do aire e se achegarán indicadores científicos que demostran os efectos do cambio climático e o quecemento global, o que servirá para darlle unha resposta axeitada a todos estes fenómenos.