É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másRedondela e Ribadavia irmándanse para promover o choco e o viño de Ribeiro
Irmandade para promover dous produtos da terra. Redondela e Ribadavia únense por primeira vez para dar a coñecer aos seus principais embaixadores: o choco e o viño de Ribeiro. E será sendo o choco o principal protagonista dos showcookings que se celebrarán con motivo da Feira do Viño de Ribadavia que se celebrará entre o 29 de abril e o 1 de maio e o Ribeiro o acompañante principal dos produtos degustados na Festa do Choco de Redondela, que terá lugar os días 7 e 8 de maio.
Esta irmandade presentouse hoxe na Deputación de Pontevedra, unhas sinerxías “exemplo da unión entre municipios” que “reverterá economicamente en ambos os dous concello”, salientou a presidenta da Deputación, Carmela Silva. A denominación de orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, xa que “xa as ordenanzas municipais de Ribadavia de 1594, recoñecidas pola Organización Mundial da Propiedade Intelectual como os primeiros indicios de protección dunha indicación xeográfica no dereito español, determinaban os lugares que podían producir e vender viño Ribeiro”.
O concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela, Xabier Alonso, aproveitou a presentación para dar a coñecer a relación entre a zona de Redondela e Ribadavia xa que “Pedro Madruga foi bautizado como tal ós pes do castelo de Ribadavia” e enxalzou as características diferenciais do choco da ensenada de San Simón, “que conseguiu ser etiquetado como choco de Redondela”. Este ano a Festa do Choco chega ao seu 30 aniversario.