É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Deputación aproba máis de dous millóns d euros en axudas para dez concellos
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres 14 novas axudas para dez concellos da provincia por un importe total de 2,1 millóns de euros, que se repartirán ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016.
Por un lado, o concello de A Estrada recibirá tres axudas por un total de 807.000 euros para a rede de abastecemento en dúas das avenidas da vila e para a compra de dous camións e 150 contenedores de recollida de lixo e o de Redondela outros 605.000 euros para melloras de saneamento nas súas parroquias.
O concello de O Porriño recibirá 149.000 euros para a renovación da instalación de alumeado exterior, Mondariz 111.000 para un colector de saneamento e Cambados 110.000 para o soterrado de tendidos eléctricos. Ademais, entregaranse 78.000 euros ao de Ponteareas para financiar as obras de ampliación dunha rede de abastecemento, 77.825 para a instalación de xogos infantís en Lalín, case 74.000 para a substitución de fiestras na casa do concello de Forcarei, 70.000 para a duplicación do depósito de auga en dúas parroquias de Cerdedo e 63.000 para a substitución dunha beirarrá e unha tubaría en Moraña.