Comarcas Galicia

150.000 euros para loitar contra a violencia de xénero nos concellos

016b

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade de oportunidades e de prevención da violencia de xénero en concellos pontevedreses de menos de 20.000 habitantes.

En total serán 150.000 euros para o financiamento de proxectos, programas e actividades que desenvolvan os concellos para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista durante o ano 2016. Cada subvención outorgada terá unha contía máxima de 6.000 euros.

Poderán acollerse a estas axudas actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; iniciativas xurdidas dos acordos das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero; accións para a mellora da atención integral ás vítimas; actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade; proxectos para mellorar a formación e orientación do emprendemento e inserción laboral das mulleres; accións para elaborar planos municipais de igualdade; actuacións para crear redes e servizos de apoio a mulleres; actividades de prevención e sensibilización no eido educativo; e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade.

Os interesados terán 30 días naturais para solicitalas a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

También te puede interesar