É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO BNG quere cambiar 15 normas do pleno para gañar “democracia”
Quere máis transparencia e democracia no concello. O BNG presentou hoxe por rexistro 15 enmendas ao regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo aprobado o pasado 30 de marzo,
Estas reclamacións fan especial fincapé nas limitacións que o novo regulamento supón tanto para a cidadanía como para os concelleiros á hora de coñecer a realidade do Concello e de exercer “a liberdade de expresión”, como explicou o portavoz nacionalista, Serafín Otero.
Entre as enmendas, a petición de que “non se limiten as funcións dos concelleiros nun momento no que hai que facer máis fincapé na transparencia” dando á oposición acceso a todos os expedientes antes de chegar ao pleno.
Para o BNG esta nova normativa tamén limita o acceso dos cidadáns ao pleno, “unha forma máis de expresión e de poder trasladar directamente aos políticos as súas denuncias, xa que todo queda supeditado ao que decida o alcalde”.
Ademais, asegura que limita o número de moción e preguntas e esixen que se dea paso á iniciativas que proveñen de fóra e que só se precisen 5.000 sinaturas para estas propostas e non as do 10% do censo da cidade. Ademais piden que se respecte a ordenanza de normalización lingüística que mantiña o pleno en galego. O grupo nacionalista levará estas enmendas a organizacións sindicais e políticas e a movementos sociais e veciñais.