É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más281.000 euros para O Marisquiño y Port América
A Deputación de Pontevedra colaborará con dous dos festivais musicais emblemáticos do verán na provincia. Será a través da contratación do patrocinio publicitario por valor de 181.500 euros de O Marisquiño e de preto de 100.000 do festival Port América Rías Baixas. Con esta actuación, enmarcada nunha estratexia turística para impulsar unha visión innovadora da provincia de Pontevedra, preténdese tamén acadar visibilidade da imaxe da marca Rías Baixas en ambos os dous eventos.
O patrocinio da décimo sexta edición de O Marisquiño chega por tratarse do evento deportivo, musical e de cultura urbana máis grande do sur de Europa e un dos poucos do planeta con tres probas puntuables para campionatos do mundo.
No caso de Port América, trátase dun festival que oferta unha experiencia diferente dentro dos eventos da provincia, xa que promove os recursos turísticos e oferta unha proposta que une gastronomía e música, tendendo lazos de unión entre Europa e Latinoamérica e apostando por poñer en valor o traballo dos emprendedores galegos.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, aseguro que “o sector turístico está a mudar, pasando dun turismo convencional a outro máis especializado, sendo o turismo musical e de ocio, en concreto os festivais, un dos que está a medrar de forma espectacular nos últimos anos”. Por iso xeran un impacto económico considerable, crean postos de traballo, incrementan os fluxos turísticos e impulsan o desenvolvemento dos territorio. Por exemplo, en 2012 un total de 6,5 millóns de turistas acudiron a festivais no Reino Unido gastando durante a súa estancia 2.600 millóns de euros e xerando 24.000 postos de traballo ao ano.