É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCaballero e Lores reclaman unha unión Vigo-Pontevedra sen peaxe
O alcaldes de Vigo e Pontevedra, Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores, coincidiron este venres ao reclamar unha alternativa viaria gratuita entre ambas cidade, así como en defender que a conexión ferroviaria sexa considerada como de proximidade. A mellora das infraestruturas foi un dos temas que abordaron ambos mandatarios na visita institucional que realizou o rexedor pontevedrés ao Concello de Vigo.
Ambos rexedores coincidiron na necesidade de normalizar a relación institucional de dúas cidades que teñen un espazo común económico e social “moi significativo”, en verbas do rexedor vigués.
Caballero e Lores coincidiron na necesidade de mellorar as conexións entre Vigo e Pontevedra, buscando vías para abaratar o tramo na AP-9- e retomando o proxecto de construir unha autovía libre de peaxe. Respecto do transporte por ferrocarril, abogaron por contar cunha liña de proximidade para poder optar as subvencións que concede o Estado a este tipo de conexións. Na súa intervención, Caballero apuntou o demanda irrenunciable da cidade de Vigo a contar con tren de alta velocidade.
Ademas das infraestruturas, os alcaldes apuntaron outros espazos de colaboración como son a cultura, a rede museística, o intercambio de grupos musicais ou o deporte de base, con grande presenza en ambas cidades. Caballero rematou a súa intervención reiterando que hai que enmarcar esta visita institucional dentro da “normalidade de trato de dúas cidades unha relación social e económica cada vez máis forte”.