Destacados Vigo al minuto

Mil ximnastas e 85 clubs para festexar o XIX Día da Rítmica

04

Ilusionados e con moitas ganas, preto dun milleiro de ximnastas de 85 grupos, pasaron este sábado polo pavillón de As Travesas para gozar da XIX Festa Día da Rítmica. Unha intensa mañá na que os rapaces e rapazas amosaron todo o aprendido este curso e que serviu para dar o pistoletazo de saída á recta final da tempada.

01Participantes de infinidade de categorías, dende minis a senior promoción, pasaron polo tapiz deste festival para representar as categorías que preparamos durante todo o ano. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiron ao pavillón de As Travesas para felicitar “aos nenos e nenas do futuro” desta cidade e agradecer “ás nais, avoas, aos pais, aos avós… o esforzo que fan para que estes nenos e nenas adestren”.

 

También te puede interesar