O Festival Primavera do Cine chega á súa quinta edición como o “máis importante do cine galego” e apostando por unha vertente internacional incorporando o mundo lusófono. Dende o 19 ata o 29 de maio, catro salas (auditorio municipal, Instituto Camoes, Marco e Sala Ingrávida de O Porriño) actuarán de pantalla para a proxección de 55 curtas e 22 longametraxes, pero tamén de escenario que dará acubillo a charlas, restrospectivas do cine galego, proxeccións para os máis pequenos e unha clase maxistral de Mario Iglesias.
Nesta edición o festival pretende achegar a cinematografía galega e lusófona en diferentes formatos e linguas á xente, non afeita a ver estas propostas que non son exhibidas en salas comerciais. E nesta ocasión duplícase a oferta da edición anterior e ofrece un completo programa de cinema na sección oficial entre o que os espectadores deberán elexir ás películas gañadoras.
Con esta nova edición, o festival convértese no máis importante do cinema galego na comunidade, xa que dobra nivel de volume, días e sedes.