Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis piden que os plenos se celebren no auditorio e en sábado

pleno

A Asociación Veciñal de Teis presentou 10 emendas ao proxecto de regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo, aprobado o pasado 30 de marzo e en exposición pública ata onte. Nesas alegacións, a asociación solicitou que os plenos municipais ordinarios se celebren no auditorio municipal do Concello y en sábado.

Segundo a asociación, o salón de sesións actual ten “unha capacidade moi limitada” e “non é a primeira vez que a veciñanza non pode asistir ao pleno” por falta de espacio. Os veciños suxiren o uso do auditorio municipal, situado no mesmo edificio e con capacidade para 281 cadeiras.

Por outro bando, realizando os plenos en sábado “facilitaríase a asistencia da veciñanza”, como xa ocorre nalgúns concellos da comarca. Ademais, explican que as sesións podería ser emitidas en directo a través da páxina web do concello, o que “achegaría a vida municipal ao pobo”.

A asociación veciñal de Teis tamén fixo enmendas á prohibición de exhibir carteis, pancartas ou similares, xa que impide aos cidadáns “exercer dereitos fundamentais como a liberdade de expresión”; á posibilidade de inhabilitar temporalmente a un cidadán para asistir ao pleno, xa que “son sesións públicas”; ou ás iniciativas populares no pleno, agora “moi limitadas”, ao esixir o regulamento que estean subscritas cando menos polo 10% da poboación. “Entendemos que si se quer facilitar a participación a través da iniciativa popular, sería suficiente esixir o 1%, que é unha cantidade razoable”, aseguran.

También te puede interesar