A Deputación de Pontevedra impartirá na vindeira semana, do 23 ao 27 de maio, dous obradoiros e un taller ao abeiro do programa Depoemprega, coa finalidade de mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas desempregadas.
O primeiro taller, “A entrevista de traballo”, impartirase o luns 23 de maio, ás 10 da mañá no centro de formación do concello de Tui, e contará coa participación de 6 persoas. O curso constitúe un obradoiro clave pola súa importancia no proceso de procura de emprego.
Pola súa banda, “En busca de emprego 2.0” terá lugar o xoves 26 ás 10 h no auditorio de Vilagarcía e o venres 27, ás 9 e media no centro Sociocomunitario do Concello de Cangas do Morrazo. O seminario, ao que asistirán 22 persoas en total, ten por obxectivo mellorar a eficiencia na búsquea de traballo por internet.
As actividades desenvoltas no marco do programa Depoemprega están dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Tui, Ponteareas, Cangas, Bueu, Vilagarcía de Arousa, A Estrada e O Grove que cumpran algún dos os seguintes requisitos: ter algunha discapacidade, ser menor 30 anos e contar cunha baixa cualificación, ser percetora de prestacións, recibir algún subsidio por desemprego ou renda activa de inserción, ser beneficiaria do programa de recualificación profesional ou ser muller ou persoa desempregada de longa duración.