Cultura

Máis de 100 persoas buscan un plan B para Europa

planb

Máis de 100 persoas participaron este venres na primeira mesa redonda organizada polo Comité Plan B-Vigo, unha campaña na que a través de foros, obradoiros… debate a necesidade de buscar un plan B para Europa contra a austeridade e por unha revolución democrática. 

O paraninfo do IES Politécnico de Torrecedeira acolleu unha mesa con Miguel Urbán, europarlamentaio de Podemos e de Anticapitalistas, e Xavier Vence, ex-portavoz do BNG e economista. Nun vivo debate con numerosas intervencións do público, ambos poñentes coincidiron en importantes aspectos da crítica ás políticas “austericidas e de servidume pola débeda que impoñen as oligarquías na Unión Europea”, aínda que amosaron discrepancias na alternativa: mentres Urbán incidiu na necesidade de organizar un movemento internacionalista para acabar coas políticas neoliberais, Vence fixo fincapé na recuperación da soberanía dos pobos para poder aplicar políticas favorables ás maiorías sociais.

Este sábado (19.30 h) o IES Politécnico acollerá a segunda das mesas redondas, de contido político, e na que se contará coa presenza de Chelo Martínez, parlamentaria de Cerna, e de Adriano Campos, do portugués Bloco de Esquerda.

 

También te puede interesar