Vigo al minuto

@festivaldecans entrega os seus premios

Cans1O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, cunha dotación de 2.000 € e Can de Pedra, para Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez, “por tocar unha liña moi delicada contemporaneamente e complexa: a fraccionalidade do tempo. Por ter unha formulación orixinal e ambiciosa, cunha factura técnica intachable e unha mensaxe potente”.

Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, por unanimidade, para Viaje a Pies, de Khris Cembe, “por ser o mellor realizado, cunha posta en escena e guion sorprendentes. Por ser unha curta moi especial, ter unha imaxe potente e estar moi ben narrada”.

Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Lurna, “por reflectir unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración, por contalo e máis pola forma na que está contado”.

Premio do xurado á mellor actriz, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Diaryatou Daff por Lurna, “por expresar simplemente coa súa mirada moitas cousas nunha interpretación moi complexa e contida. Así como pola autenticidade na súa interpretación”.

Premio do xurado ao mellor actor, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Xosé Barato por A liña política, “pola naturalidade da súa interpretación e por transmitir verdade en todo o que di”.

Premio CREA do xurado á mellor realización, dotado con 300€ e Can de Pedra, para Juan Hervella-Rego por Share o no share, “por levar a cabo unha relaización moi completa, cunha posta en escena espectacular e unha boa dirección de actores”.

Cans2Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 300€ e Can de Pedra, para Marcos Nine por Ladrones de Tiempo, “pola súa orixinalidade e unha anclaxe moi complexa de todos os elementos que funciona como un reloxo“.

Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para Manu Conde por Lurna. O xurado salientou que “se trata dunha banda sonora que fusiona matices étnicos e moi ben integrados co relato, e que funciona moi ben dramáticamente”.

Concurso de clips

O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic Rodríguez, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas Lavandeira e Amaro Ferreiro Rodríguez, acordou, despois do visionado dos videoclips a concurso e a deliberación, outorgar o Premio do Xurado do Videoclips ao video do tema “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, “por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade”.

O xurado quixo facer unha mención especial ao videoclip “El último esfuerzo” de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, “por transgredir as fronteiras do videoclip e convertelo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios”.

O premio do público para o mellor videoclip foi para “Whith my hands” de Furious Monkey e dirixido por Violeta Mosquera.

O premio á mellor obra da Can Parede, elixido pola votación do público, foi para Isis Rodríguez, que recibiu o Can de Pedra e a súa obra pasa a formar parte da colección do Círculo Recreativo e Cultural.

También te puede interesar