Galicia

47 feridos nas estradas galegas esta fin de semana

061 ambulancia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que asistir a 47 persoas que resultaron feridas en 32 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas esta fin de semana. De novo, a provincia de Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou, con 16, seguida de A Coruña (11), Ourense (3) e Lugo (2).

O perfil do ferido foi maioritariamente homes (53%) de entre 15 e 29 anos (38%). Nesta ocasión mobilizáronse 33 ambulancias asistenciais, unha medicalizada e unha convencional. En total, seis dos feridos foron atendidos no propio lugar do accidente, mentres que outros 41 tiveron que ser trasladados a diferentes centros sanitarios.

También te puede interesar