Vigo al minuto

Preto de 150 persoas protestan contra a precariedade laboral

protesta precariedad laboral

Arredor de 150 delegados sindicais da CIG concentráronse este martes ás portas da Inspección de Traballo de Vigo para denunciar que o aumento da precariedade laboral estase a traducir nun aumento da siniestralidade no traballo, con accidentes cada vez máis graves. Así, recordaron aos dous traballadores que xa perderon a vida en accidentes laborais durante o mes de abril na cidade ou o traballador dunha auxiliar do naval que morría a pasada semana tras caer dunha altura considerable.

Ao remate da concentración entregouse un escrito dirixido ao xefe da Inspección de Traballo no que se incidiu na relación directa entre a siniestralidade laboral e a precariedade e a falla de protección e garantías, xa que á accidentalidade en moitos casos “engádese a falta de medios de seguridade ou que estes sexan insuficientes ou inadecuados”. Tamén reclaman que Inspección de Traballo atenda as denuncias que se presentan con celeridade e que se incrementen as actuacións de oficio.

 

También te puede interesar