É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másUn camión con volquete bateu este martes contra a ponte do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, e quedou atoado baixo a estrutura. Os feitos ocorreron sobre as 16.00 horas de onte, cando o vehículo circulaba pola N-550 en dirección cara A Coruña.
Os bombeiros tiveron que empregar a autoescada para poder sacar do interior da cabina ao conductor, que resultou ferido. Unha vez fóra do camión foi atendido polos servizos sanitarios e trasladado á Clínica Rosaleda de Santiago nunha ambulancia de Urxencias Médicas. Foi un particular o que alertou do accidente ao CAE 112, que activou o protocolo de operación que se completou con varios axentes da Garda Civil de Tráfico.