Grandes avances no convenio entre Concello e Ministerio de Fomento para a humanización da Avenida de Madrid. O investimento total de 10 millóns de euros, dos que 7 lle corresponderán ao Goberno central, mentres que os 3 restantes serán asumidos polo Concello.
Abel Caballero amosou esta mañá a “súa satisfacción” porque o convenio co Ministerio de Fomento para remodelar a Avenida de Madrid está pendente unicamente da pertinente tramitación administrativa. Segundo explicou, o texto está “moi adiantado” e podería ser asinado en “dez ou quince días”.