O Concello de Nigrán rematou esta semana as tarefas de sustitución das pasarelas do río Muíños e a reparación total da ponte. O plan enmarcase na posta a punto do treito do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, o que tamén inclúe o pintado da sinalización oficial.
En total foron sustituídas catro pasarelas que se atopaban en mal estado e que resultaban demasiado estreitas, o que dificultaba a accesibilidade. Os propios operarios municipais fabricaron outras máis anchas empregando a madeira retirada recentemente do acceso peonil de Praia América, na que o cambio do sistema dunar facía inútil esta infraestrutura. Ademais, tamén repararon a ponte, que estaba xa moi virada.