Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másInstagramers británicos para ‘vender’ Galicia
Un grupo de dos mellores instagramers británicos especializados en viaxes e turismo, que suman máis de 133.000n seguidores na rede, visitarán Galicia para difundir os valores turísticos galegos.
Estes expertos chegarán este xoves á Coruña, onde permanecerán ata o vindeiro 5 de xuño. Durante a súa estadía visitarán diferentes lugares de toda a comunidade e probarán a gastronomía e enoloxía galega.
Con preto de 9.000 viaxeiros aloxados e 21.200 pernoitas hoteleiras, os turistas británicos sitúanse en quinto lugar no ranking de principais mercados estranxeiros.
Non será a única visita de expertos internautas. Continuando coa promoción da comunidade como destino internacional, Turismo de Galicia ten previsto celebrar en 2016 ata 15 viaxes de familiarización e presstrips que achegarán a Galicia xornalistas e bloggers de Italia, Alemaña, Irlanda, Inglaterra, Xapón e Canadá, entre outras procedencias.