É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs traballadores da Sanidade Pública denuncian o peche de 1.200 camas hospitalarias durante o verán
Segundo os datos da CIG-Saúde, este verán o Servizo Galego de Saúde (Sergas) pechará 1.200 camas no conxunto dos hospitais de Galicia o que, subliña o sindicato, son o dobre das que quedaron inutilizadas no período estival de 2009.
Pola súa banda, o Sergas admite este peche, ainda que subliña que “non supón que as camas non estean disponibles”, pero limita o mesmo a 930 camas, o 13% das 7.200 que hai nos hospitais galegos e, indica, son 90 menos que o verán de 2015.
Os traballadores denuncian que ese peche, ademáis, non será so durante os tres meses do verán, como insiste Sanidade, senon que, na maioría dos casos, chegará ata ven entrado o mes de outubro; ademáis, advirten, os datos do Sergas “son mentira” posto que “conta só as camas que non se poderán usar, pero agocha outras circunstancias que inciden directamente na ocupación”, como a caída de actividade cirúrxica, que fará que nos grandes hospitais se pechen máis de 200 camas en cada un, ás que haberá que sumar as máis de 100 en Pontevedra e Lugo, á marxe do Salnés ou varias plantas do Meixoeiro.
Este peche afectará, repiten os traballadores, a numerosas unidades, como medicina interna, paliativos, UCI, reanimación, pediatría, uroloxía ou reanimación.