Comarcas

Sorteadas as 300 prazas dos campamentos deportivos da Deputación

sorteo campamentos

A Deputación de Pontevedra sorteou este mércores as 300 prazas dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe. Mediante un algoritmo informático asignáronse os ocos para estes campamentos cos que se quere promocionar actividades deportivas e educativas para rapaces de entre 7 e 14 anos.

A través destes campamentos ofrécese a posibilidade de que as mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán para participar en actividades lúdicas, educativas e deportivas que contribúan ao seu enriquecemento e desenvolvemento persoal.

Os rapaces aloxaranse en albergue en réxime de pensión completa e estarán atendidos por un equipo técnico formado por persoal especializado, entre o 11 de xullo e o 27 de agosto en seis quendas. A lista definitiva de adxudicados pode consultarse na web da Deputación, aínda que aos elexidos tamén se lles avisará por mensaxe de texto ou correo electrónico.

Durantes estes días desenvolveranse actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, arte, multiaventura, actividades acuáticas, obradoiros… todos co obxectivo de ensinar aos participantes a desenvolverse fóra do seu medio habitual, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicios fisico e fomentando o respecto polo medio ambiente.

También te puede interesar