O número de vigueses anotados nas oficinas de emprego da cidade diminuiu en 837 persoas, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O mes de abril pechouse con 28.714 desempregados inscritos no INEM mentres que en maio foron 27.877, dacordo coa información oficial.
Polo que atingue a Área viguesa, as persoas que estaban dadas de alta a finais de maio nas oficinas do Servizo Galego de Emprego eran 39.733, en total 1.258 menos que no mes de abril, no que, a día 30, había 40.991.
Os datos, polo que se refiere á toda a provincia de Pontevedra son semellantes e o número de anotados nas oficinas de emprego baixou en 3.229 demandantes de traballo.