O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello de Ponteareas ao pago inmediato de máis de 203.000 euros máis os intereses legais e os custes procesuais por non saldar unha obra fai 10 anos.
O TSXG desestima así o recurso interposto polo concello á sentencia do 30 de abril de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2, emitida tras a reclamación dunha empresa de construción tras o impago dunha obra para a mellora dos tramos urbáns nas estradas da localidade iniciadas en xuño de 2006 e que os anteriores gobernos non abonaron a pesar de que a empresa certificara as cantidades.
A empresa argumentou no xuízo que certificara en tres ocasións as obras realizadas por importes de algo máis de 90.000, 52.000 e 127.000 euros.