Comarcas

Nigrán incrementa a súa plantilla de Policía Local este verán

nigran policias

O Concello de Nigrán vén de contratar a oito auxiliares de Policía Local que prestarán apoio á plantilla fixa durante os vindeiros seis meses.

O novo persoal, que xa exerce dende a semana pasada, chega a dependencias municipais co obxectivo de ofrecer un mellor servizo á cidadanía sobre todo nuns meses de especial importancia como son os de verán, nos que o municipio multiplica significativamente a súa poboación.

Estes axentes accederon mediante proceso de oposición libre e teñen carácter de persoal laboral temporal, traballando 40 horas semanais cunha retribución bruta de 1.115 euros ao mes.

You may also like