Destacados Vigo al minuto

Suspendido o concerto solidario pola sanidade pública

Vas-a-pagar1

A plataforma SOS Meixoeiro decidiu suspender por cuestións organizativas o concerto solidario programado para este sábado 11 de xuño, na que o grupo vigués ‘La Banda de Mazinger’ tiña previsto facer un repaso polos mellore temas do pop-rock español dos 80.

Con este concerto, a plataforma quería denunciar o “lamentable” estado da sanidade pública e loitar para intentar evitar a súa total privatización e “especulación cos nosos impostos”.

Nova manifestación

Por outra banda, a plataforma SOS Meixoeiro e Xunta de Persoal convocan unha nova manifestación para o vindeiro mércores 22 de xuño (20 h) na entrada do Hospital do Meixoeiro para pedir a apertura de todas as camas de hospitalización do centro, a apertura da Unidade de Críticos, un plan de choque para reducir as listas de espera, que non se deriven pacientes á sanidade privada e que haxa unha sanidade 100% pública.

También te puede interesar