Cultura Vigo al minuto

A festa chega a Vigo co Rock in Freixo

rockinfreixo

Achéganse as fogueiras e con elas unha nova edición do festival musical Rock in Freixo, organizado pola Comisión de Festas de San Xoán do Freixo, cunha programación que se prolongará do 23 ao 26 de xuño pero que terá o seu día central o venres 24.

Esa noite subiranse ao escenario Liviao de Marrao, A Polémica Banda dos Bechuchos, Ladrillo Tabikón, Os Rosmóns e Demencia Sonora. Unha gran variedade de grupos galegos actuais de música rock, punk, ska, bravú… sempre con entrada de balde.

É a terceira vez que a organización aposta por un día de música rock dentro do programa, ofrecendo un xeito alternativo de desfrutar das verbenas populares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.