Comarcas

A Xunta investirá 470.000 euros na mellora de varios colexios de Redondela

conselleiro-redondela

A Xunta de Galicia investirá ao longo de 2016 máis de 470.000 euros para a mellora dos centros escolares de Redondela, investimentos en actuacións que van repercutir tan seguridade, accesibilidade e mellora da calidade educativa. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou o colexio Outeiro das Penas, en Cesantes, para falar deste plan de investimentos en mellora de centros educativos e das obras dos colexios.

En resposta ás demandas destes centros, a Xunta aprobou investimentos nos CEIP Laredo, CEIP Cedeira, CEIP Santo Paio de Abaixo e CEIP Outeiro das Penas, así como en centros de educación secundaria como o IES Mendiño.

Unha das actuacións máis importantes, de 147.000 euros, será a destinada á ampliación de aulas e espazos de uso educativo no CEIP Laredo, onde se require un espazo acondicionado maior para usos múltiples e psicomotricidade, así como zona de patio cuberto no que poder facer fileiras.

Outros 140.000 euros irán para o CEIP Outeiro das Penas, donde vaise instalar unha nova cuberta en todo o edificio de aulas co illamento axeitado e materiais máis resistentes. Recentemente xa se acometeron no centro melloras na accesibilidade do comedor e aseo adxunto, na zona de xogos e na nova instalación eléctrica.

Xa no Santo Paio de Abaixo, en Reboreda, mellorarase e ampliarase a zona de comedor, unha demanda do centro dende hai anos polo elevado número de usuarios que ten. Tamén se dotará de novos aseos na zona infantil e xa se acometeu o asfaltado da zona de patio cuberto e as novas instalacións de suministro de auga e electricidade. Este é o centro con maior número de alumnado de Redondela.

 

 

También te puede interesar