Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
3,5 millóns de euros para a humanización de Camelias, Álvaro Cunqueiro e Estorniño
A Xunta de Goberno local aprobou este venres os proxectos de humanización da rúas Álvaro Cunqueiro, Estorniño e Avenida de Camelias, nos que se investirán case 3,5 millóns de euros.
A humanización da rúa Álvaro Cunqueiro afectará á súa coroa circular interior, onde se renovará a beirarrúa; as redes de augas fecais, de rego e semafórica; o mobiliario urbano e a iluminación, que contará cun orzamento de 1.250.000 euros e estará lista nun prazo estimado de catro meses.
Pola súa banda, a humanización da Avenida das Camelias será entre as rúas Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez e incluirá a substitución das tubaxes de fibrocemento por fundición, nova canalización de PVC, renovación do pavimento, das beirarrúas e a instalación de bancos, papeleiras e xardineiras cun investimento de un millón de euros.
No caso da rúa Estorniño, as obras abranguerán desde a avenida Alcalde Gregorio Espino ata a rúa Gaivota ampliando as beirarrúas e o espazo para os peóns, renovando o saneamento, abastecemento, o mobiliario urbano e coa novidade da plantación de 12 cereixeiras nos espazos axardinados. O investimento será de algo máis de 1,1 millóns de euros euros.