A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo, convoca unha serie de cursos e talleres no mes de xullo; Aula de Debuxo artístico: “Debuxar o corpo espido”, Impartido por Federico Fernández, mestre da especialidade na EMAO; Aula de Pintura: “O libro de artista”, impartido por Paula Mariño, mestra da especialidade na EMAO; Aula de Deseño e encaixe de palillos: “Iniciación ao encaixe ruso”, impartido por Marian Núñez, mestra da especialidade na EMAO; Taller de Cerámica artística: “A cerámica e o audiovisual”, por Miguel Vázquez, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Serigrafía artística: “Introducción á serigrafía artística”, por Alba Pardo, mestra da especialidade na EMAO; Talleres de Ourivaría e Artesanía en coiro: “Creación de fornituras e accesorios en Coiro e Metal”, por Sandra de Jesús e Pepe Pereira, mestres das especialidades na EMAO; Taller de Encadernación: “Carpetas e caixas contedoras de obra gráfica”, impartido por Pablo Otero, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Talla e escultura en madeira: “Gravado en relevo madeira -xilografía II”, impartido por Rosa García, mestra da especialidade na EMAO; Taller de Construción de Zanfonas: “Técnica de calado. Corte con segueta de marquetería”, con r Xaime Rivas, mestre da especialidade na EMAO; Taller de Construción de gaitas: “Iniciación á construción de palletas”, con Carlos Corral, mestre da especialidade na EMAO;
Os cursos,todos eles, terán unha duración curso de 30 horas, impartiranse do 4 ao 15 de xullo en horario de 10 da mañá a 1 da tarde; as prazas para os mesmos son limitadas- 15 por curso, agás Zanfona e Gaita que será de 10-, e o prazo de solicitude é ata o 28 de xuño.
A inscripción é gratuíta, mediante envío de correo electrónico ao enderezo [email protected], cos seguintes datos; no asunto haberá que indicar o nome do curso, engadir no mail o nome e apelidos do solicitante, DNI e anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO– no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado-.