Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másO Concello de Redondela repara os danos no muro do río Alvedosa
O Concello de Redondela está a levar a cabo obras urxentes de reparación e consolidación do muro-dique que canaliza o río Alvedosa no seu tramo urbano, ao seu paso por Ernestina Otero.
Son actuacións imprescindibles neste tramo, xa que o paso do tempo e a incidencia da forza da corrente que o río leva nese tramo provocou o descalce do dique na zona, co consecuente lavado de finos do trasdós da mesma que rematou co derrube do dique que serve de canalización ao río e de contención á beirarrúa e calzada. Este derrube conleva o risco de colapso das tubaxes de saneamento e pluviais que están instaladas na zona e de descalce da estrada.
Primeiro desviarase a canle do río cunha ataguía para poder levar a cabo os traballos, sempre tendo en conta os aspectos ambientais e minimizando calquera impacto. Para iso colocouse unha canle de polietileno que elimina o arrastre de finos por parte da corrente e a turbidez na zona augas debaixo da intervención. Tamén se colocaron unhas barreiras de filtración antiturbidez ecolóxicas, formadas por balas de palla recubertas de geotextil, que funcionan a modo de filtro dos poucos sólidos en suspensión que se puideren producir.
Así mesmo elaborouse debaixo da zona de traballo unha pequena balsa de decantación para bombear a pouca auga que se produce na zona de traballo, que ademais axuda a decantar a auga que se verte á canle.
Con estas medidas conseguiuse xerar unha zona de traballo estable e segura co mínimo impacto ambiental que permite a execución do zuncho de formigón que servirá de base ao novo dique a executar na zona deteriorada.