É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés
O ilustrador coruñés Carlos Arrojo e o seu ‘Gramófono’ foi o gañador do concurso de carteis Quin Alborés, certame que convoca o concello de Nigrán para elixir imaxe para a décima edición do festival Nigrán Jazz.
Segundo o xurado o traballo, premiado con 500 euros, destacou polo seu impacable traballo de maquetación e ilustración e o seu gran “detallismo”. Arrojo, un dos ilustradores máis recoñecidos do panorama galego, xa foi o gañador do certame na edición de 2012.
Arrojo conta cunha gran traxectoria como ilustrador, tendo traballado para infinidade de editoriais e marcas como Perrier, Casino Gran Madrid, Estrella Galicia… e organismos como o Pazo da Cultura de Pontevedra, o Concello de A Coruña ou a Cidade da Cultura de Galicia. Ademais, conta cun gran palmarés de premios ente os que destaca o Injuve en 2011 ou o Ilustramaxina en 2015.
O certame destacou este ano polo récord de participación con 51 traballos presentados e polo seu gran nivel, o que dificultou moito a elección do gañador. Este concurso rende homenaxe dende 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e impulsor do festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.