É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCentos de persoas maniféstanse en Vigo contra a política de migración europea
Centos de persoas percorreron as rúas de Vigo este domingo para pedir un cambio nas políticas migratorias da Unión Europea en plena crise dos refuxiados, cunha aprobación de solicitudes de asilo mínimo.
Coa presenza de representantes do Bloque Nacionalista Galego como Ana Miranda, Ana Pontón, Carme Adán o Serafín Otero, a manifestación saía case ao mediodía da Dobrada para percorrer Urzáiz ata chegar ao Marco, onde se procedeu á lectura do manifesto.
Trátase dunha das mobilizacións convocadas en distintas localidades galegas pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para denunciar “a política migratoria criminal da Unión Europea”.
Baixo o lema ‘Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras’, con esta marcha en apoio aos refuxiados preténdese chamar a atención sobre as causas da crise humanitaria que se está vivindo nos últimos meses.