É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDous feridos ao caer co coche por un barranco en Bueu
Unha saída de vía no concello de Bueu sobre as 16.40 horas de esta tarde deixou dúas persoas feridas tras caer o vehículo no que circulaban por un barranco. Aconteceu na estrada que une Beluso con Aldán, á altura da coñecida como curva de Campelo.
O 112 Galicia recibiu o aviso a través dos efectivos de Urxencias Médicas e alertou decontado aos Bombeiros do Morrazo, que se desprazaron ata o punto. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.
Os servizos sanitarios trasladaron ás dúas persoas a un centro sanitario.